000 02203nam a2200241 i 4500
997 0 0 _e2
007 ta
008 190822s2019 sp e 000|1 glg d
017 _aC 730-2019
020 _a9788494993114
080 _a2015
100 1 _aSolleiro, Samuel
_d(1982-)
_eaut
_981769
245 1 2 _aO mundo dos vivos
_c/ Samuel Solleiro
260 _aSantiago de Compostela
_b: Chan da pólvora
_c, 2019
300 _a51 p.
_c; 22 cm
490 1 _aChan da pólvora
_v; 10
520 3 _aPoucos libros resultan tan conmovedores como O mundo dos vivos, o regreso de Samuel Solleiro á poesía doce anos despois de escribir Punk, un título de culto para toda unha xeración de amantes do verso. Samuel Solleiro non tiña claro que volvese publicar achegas propias ata que no ano 2017 debeu seleccionar varios inéditos para a antoloxía 13, realizada por María Xesús Nogueira e coeditada por Chan da Pólvora xunto a Papeles Mínimos, a editorial madrileña dirixida por Imanol Bértolo. Solleiro remexeu nos cartafoles remotos do seu ordenador, onde estaba o pouco que escribira nos últimos anos, e enfrontouse de repente á carnalidade daqueles textos case esquecidos. Foi, para el, unha experiencia dolorosa e, ao tempo, necesaria. Tanto que ao cabo dunhas semanas volveu escribir, aínda que fose como quen aprende a andar despois de poñer unha perna ortopétida. O resultado é O mundo dos vivos, un libro contra a significación excesiva e o risco de que as metáforas devoren o mundo. Un libro que propón unha maneira sorprendente de abordar o poema nun momento en que resulta necesario, máis que nunca, transitalo por camiños sen trillar. Solleiro constrúe un texto sobre a posibilidade de volver ser o que unha vez se foi e sobre a fascinación de estar aínda sobre a terra, cuestións estas que converten O mundo dos vivos nun dos regresos máis escintilantes da poesía galega última, un poderoso e emotivo exercicio de amor atroz pola vida.
521 _aADU
650 _arelato curto
_918813
650 _afilosofía da vida
_985520
650 _asuperación
_97085
856 _uhttps://chandapolvora.gal/tienda/coleccion-chan-da-polvora/o-mundo-dos-vivos-ll-samuel-solleiro/