La hija ejemplar / Federico Axat
por Axat, Federico (1975-) [autor/a].
Tipo: LibroSeries: (Áncora y Delfín ; 1588).Editor: Barcelona : Destino , 2022 Edición: 1ª ed.Descrición: 524 p. ; 23 cm.ISBN: 9788423362332.Resumo: "Agora sei que a maldade se esconde onde menos o esperas, e que os sitios onde te crías máis segura poden resultar os máis perigosos.” Isto é o último que escribiu Sophia no seu diario, case un ano atrás. Desde entón ninguén sabe nada dela, aínda que as probas apuntan a que se quitou a vida lanzándose dunha ponte e que o feito está relacionado cun vídeo escabroso que se viralizou no instituto. Os seus pais néganse a crelo. A súa filla non é a clase de persoa que faría algo así. Cando meses despois o mozo que o gravou aparece morto dunha martelada na cabeza, hai quen se atreve a pensar que quizá Sophia está viva e que a súa desaparición forma parte dun plan que ela mesma puxo en marcha. Camila Jones, unha celebridade do xornalismo de investigación temporalmente retirada, recibe a inesperada visita dun xornalista local que quere que se involucre no caso. Ela non ten ningunha intención de acceder, pero a revelación de que Sophia está ligada a un feito do seu pasado que ninguén coñece lévaa a aceptar a proposta e a buscar a verdade a calquera prezo. A filla exemplar é a nova e sorprendente novela de Federico Axat, o mestre do thriller psicolóxico, que explora os vínculos familiares e como as expectativas dos pais cara aos seus fillos poden converterse nun escuro mecanismo de manipulación.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Celanova Celso Emilio Ferreiro Sala préstamo | 82N-C AXA hij | Dispoñible | XÉNERO NEGRO | OED004000032176 |
|
"Agora sei que a maldade se esconde onde menos o esperas, e que os sitios onde te crías máis segura poden resultar os máis perigosos.”
Isto é o último que escribiu Sophia no seu diario, case un ano atrás. Desde entón ninguén sabe nada dela, aínda que as probas apuntan a que se quitou a vida lanzándose dunha ponte e que o feito está relacionado cun vídeo escabroso que se viralizou no instituto. Os seus pais néganse a crelo. A súa filla non é a clase de persoa que faría algo así. Cando meses despois o mozo que o gravou aparece morto dunha martelada na cabeza, hai quen se atreve a pensar que quizá Sophia está viva e que a súa desaparición forma parte dun plan que ela mesma puxo en marcha.
Camila Jones, unha celebridade do xornalismo de investigación temporalmente retirada, recibe a inesperada visita dun xornalista local que quere que se involucre no caso. Ela non ten ningunha intención de acceder, pero a revelación de que Sophia está ligada a un feito do seu pasado que ninguén coñece lévaa a aceptar a proposta e a buscar a verdade a calquera prezo.
A filla exemplar é a nova e sorprendente novela de Federico Axat, o mestre do thriller psicolóxico, que explora os vínculos familiares e como as expectativas dos pais cara aos seus fillos poden converterse nun escuro mecanismo de manipulación.