A muller xabaril
por Casalderrey, Fina 1951- [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Edición Literaria - Narrativa.Editor: Vigo Xerias , 2023 Edición: 2023.ISBN: 9788411102933.Materia(s): Narrativa | Exclusión social | MullerResumo: Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro. O relato de Ramiro, envolto na voz de Lennon, vai reconstruíndo a versión máis dramática desa biografía infausta que o impresiona ata lle esfolar a pel de dentro. Acaba de descubrir os motivos que hipoteticamente a puideron abocar á sorprendente metamorfose: o verdadeiro segredo do Xabaril. En «A Muller Xabaril» Fina Casalderrey convídanos a inserirnos nunha historia amarga e dolorosa, intrigante e conmovedora, que lexitima a memoria e afonda nas miserias humanas e nos segredos familiares enmarcados nas turbulencias políticas da primeira metade do século XX.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Celanova Celso Emilio Ferreiro Sala préstamo | 82N-G CAS mull | Dispoñible | VOCES DE MULLER | PRIMEIRAS LECTURAS | OED004000032270 |
|
Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro. O relato de Ramiro, envolto na voz de Lennon, vai reconstruíndo a versión máis dramática desa biografía infausta que o impresiona ata lle esfolar a pel de dentro. Acaba de descubrir os motivos que hipoteticamente a puideron abocar á sorprendente metamorfose: o verdadeiro segredo do Xabaril. En «A Muller Xabaril» Fina Casalderrey convídanos a inserirnos nunha historia amarga e dolorosa, intrigante e conmovedora, que lexitima a memoria e afonda nas miserias humanas e nos segredos familiares enmarcados nas turbulencias políticas da primeira metade do século XX.