Ulf de Jacobsland. Os viquingos en Galicia. / Varela Ferreiro, Alberto
por Varela Ferreiro, Alberto [autor/a]
; Varela Ferreiro, Alberto [ilustrador/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES Celanova Celso Emilio Ferreiro Sala préstamo | 087 VAR ulf | Dispoñible | OED004000033601 |
|
Esta é a súa historia dos viquingos na Galicia da Alta Idade Media.
Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro. É o final da súa vida e o final dun tempo; as novas crenzas mestúranse cos deuses ancestrais e as vellas lembranzas, coas novas.
Foi no ano 844 cando os viquingos chegaron por primeira vez ata o antigo reino de Gallaecia, coñecido no norte como Jakobsland, nunha serie de incursións dirixidas por afamados guerreiros que rematarían a mediados do século XI coa derrota de Ulv Galiciefarer, o conquistador de Galicia e o derradeiro viquingo.
1º-2º ESO
3º-4º ESO