Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Romasanta : memorias incertas do home lobo / Alfredo Conde

por Conde, Alfredo [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Medusa.Editor: Santiago de Compostela :Sotelo Blanco ,2004 Edición: 1ª ed.Descrición: 152 p ;21cm.ISBN: 8478244395.Materia(s): Blanco Romasanta, Manuel | Tradición oral | Realismo | Misterio | LendasRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: En Romasanta. Memorias incertas do home lobo, Alfredo Conde preséntanos as memorias apócrifas de Manuel Blanco Romasanta, un asasino en serie galego indultado pola raíña Isabel II de Borbón logo dun complicado proceso iniciado en Allariz no ano 1853, proceso no que desempeñaron un importante papel os medios de comunicación da época, que, a través dunha campaña de prensa de repercusións internacionais, trataron de convencer a opinión pública da condición de licántropo do inculpado. A partir de entón, a figura do chamado Home Lobo de Allariz ten sido amplamente tratada na literatura e no cine. Todas as versións dos feitos existentes ata o día de hoxe coincidían en presentarnos un vendedor ambulante, vítima da superstición e da ignorancia, que asasinaba as súas vítimas sen ser consciente dos seus actos. Porén, a reconstrución dos feitos que atopamos nestas memorias é completamente diferente. As xentes do común, xunto coa clase médica e o corpo togado galego, bautizaron no seu día a Romasanta como o Sacaúntos, o Home do Saco e mesmo o Sacamanteigas, pero nunca se referiron a el como o Home Lobo, posibilidade pola que non se chegaron a inclinar en ningún momento. Foron os crentes nas supercherías científicas daquel tempo os que lle deron crédito á hipótese do licántropo. A realidade parece ser que foi moi distinta, tal e como se nos amosa nesta novela.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Celanova Celso Emilio Ferreiro
Sala préstamo
82N-G CON rom 1 Dispoñible OED004000015312

En Romasanta. Memorias incertas do home lobo, Alfredo Conde preséntanos as memorias apócrifas de Manuel Blanco Romasanta, un asasino en serie galego indultado pola raíña Isabel II de Borbón logo dun complicado proceso iniciado en Allariz no ano 1853, proceso no que desempeñaron un importante papel os medios de comunicación da época, que, a través dunha campaña de prensa de repercusións internacionais, trataron de convencer a opinión pública da condición de licántropo do inculpado. A partir de entón, a figura do chamado Home Lobo de Allariz ten sido amplamente tratada na literatura e no cine.
Todas as versións dos feitos existentes ata o día de hoxe coincidían en presentarnos un vendedor ambulante, vítima da superstición e da ignorancia, que asasinaba as súas vítimas sen ser consciente dos seus actos. Porén, a reconstrución dos feitos que atopamos nestas memorias é completamente diferente. As xentes do común, xunto coa clase médica e o corpo togado galego, bautizaron no seu día a Romasanta como o Sacaúntos, o Home do Saco e mesmo o Sacamanteigas, pero nunca se referiron a el como o Home Lobo, posibilidade pola que non se chegaron a inclinar en ningún momento. Foron os crentes nas supercherías científicas daquel tempo os que lle deron crédito á hipótese do licántropo. A realidade parece ser que foi moi distinta, tal e como se nos amosa nesta novela.

1º-2º BAC

Coa tecnoloxía Koha