Villar Ponte, Antón (1881-1936)

Tríptico teatral / Antón Villar Ponte ; limiar, Inma López Silva - 1ª ed., 1ª imp. - Vigo : Galaxia , 2021 - 172 p. ; 21 cm - (Biblioteca Nós) . - Biblioteca Nós (Galaxia) .

Contén: A patria do labrego ; Almas mortas ; Entre dous abismos

Na súa incansábel actividade xornalística, Antón Villar Ponte nunca deixou de fixarse no teatro como espazo artístico coa dobre función de espallar o ideario galeguista das Irmandades da Fala e como ámbito de experimentación estética desde onde modernizar a cultura galega. En 1928, a Editorial Nós inaugurou a súa colección Teatro Galego con Tríptico, que reunía as pezas: A patria do labrego (1905), Almas mortas (1922) e Entre dous abismos (estreada en 1920), e que o mesmo autor cualificaba como “documentos”, o que xustificaba a súa publicación pola vontade de amosar a evolución do teatro galego nos últimos anos a través da súa pluma.
Tres pezas dun renovador do teatro galego do seu tempo.

9788491517429

821.134.4-2"19"(081.1)

Coa tecnoloxía Koha