Domínguez Alberte, Xoán Carlos Ilustracións: Minia Domínguez Diéguez

Fascas /Domínguez Alberte, Xoán Carlos - 1ª - Santiago de Compostela : LAIOVENTO , 2024 - 64 pax. ; 21 x 14 cms - VENTOALTO Poesía .

Volume de xinea popular integrado por miúdas pezas de ourivería poética. Cada unha das composicións que conforman esta obra son á vez fráxiles e intensas, de xeito que sexan doadas de inxerir tanto pola sensibilidade coma pola intelixencia. O propósito é transportar o vagar que sucede á fereza da tempestade interior. Logo de os elementos se conxuraren en contra, despois de que a intensidade da febre do desacougo fose quen de abater o estímulo. O que fica son sensacións complexas nas que se mesturan a arela e o devezo canda o desvelo ou o arreguizo. No medio e medio da natureza máis propia, a vontade plena de ser procura faíscas que emitan unha imprescindíbel luz. Texto poético e imaxe plástica entretecen un xogo de olladas complementarias que proxectan agudas intermitencias de enerxía positiva que resultan de todo necesarias para lles facer fronte a algún dos máis rexos pesadelos da existencia.

9788484876595

Coa tecnoloxía Koha