do Cebreiro, María (1976-)
A lentitude / María do Cebreiro - 2ª ed. - Santiago de Compostela : Chan de Pólvora , 2018 - 50 p. ; 21 cm
No lombo: 5
O libro pecha unha triloxía que a autora iniciou no ano 2014 con “Os inocentes” e que inclúe tamén o volume “Deserto”.
A xuízo da escritora, A lentitude é en certo modo unha reividicación, pois considera “que a presión social para xestionar e superar procesos que, pola súa natureza, teñen un tempo que cómpre respectar é algo profundamente estúpido”.
A escrita torrencial de María do Cebreiro, un dos nomes máis admirados da poesía galega actual, chega en A lentitude á explosión do poema na samieira, entendido o poema como reflexo case mimético da respiración da poeta e a samieira como un veo denso de palabras tras o que se esconde a montaña. Os lectores e as lectoras descubrirán unha María do Cebreiro máis vibrante que nunca, cunha linguaxe que arrastra os sedimentos da ametencia críptica, con revoltas que por momentos nos aproximan á mística, ao zen, ás sentencias morais, á intimidade confesional ou á revelación visionaria dunha muller que se reconstrúe constantemente na escrita. Sen dúbida tedes nas mans o libro máis sorprendente da autora desde a asombrosa fonte de Os hemisferios.
Adultos/as
9788494769856
poesía
filosofía da vida
821. 134. 4-1"20"